xoves, 7 de maio de 2020

Xoves, 7 de maio

¡Ola, moi bos días!

Antes de nada, queremos agradecer a todos-as os que fixestes comentarios indicando cales eran os vosos olores e sabores favoritos.

E tamén lles damos as grazas a dúas persoas que atoparon erros nas solucións de onte dos exercicios de Matemáticas.

Eran estes:

47 dam = 47.000 cm 
6.589 dam > 65 km 785 m

Esperamos que sigades traballando con ánimo e todos os días un pouquiño. Ademais dos traballos que vos propoñemos aquí, asegurádevos de ter sempre algún tempo para ler.

Estas son as solucións dos exercicios de Matemáticas de onte:

Página 120:

Ejercicio 20:


Montaña
Altura
Altura (m)
Teide
3 km 718 m
3.718 m
Aneto
34 hm 4 m
3.404 m
Pushkin
5 km 1 hm
5.100 m
Lagginhorn
4 km 1 dam
4.010 m
Tahat
3 km 3 m
3.003 m
El Fraile
60 hm 4 dam
6.040 m
Bolivar
5 km 7 m
5.007 m

Página 126:


Ejercicio 1 (las dos divisiones del medio)

7.493 : 21     Cociente: 356       Resto: 17

45.394 : 75      Cociente: 605        Resto: 19



Estas son as respostas de Lingua:



1.- Explica o significado das seguintes frases feitas:
  • O profesor deulle un toque de atención por levar varios días sen facer os deberes. Significa avisar, chamarlle a atención a alguén.
  • Han nacer moitas herbas ata que o entendas. Significa que ha de pasar moito tempo.
  • Abriu a fiestra de par en par da calor que había. Significa de todo, totalmente.
  • No inverno entra a noite máis cedo que no verán. Significa chega a noite, faise de noite.
  • Edu non lle faría mal a un paxariño. Significa non sería capaz de facerlle mal a ninguén.
  • Este pantalón non vale nin para freganzo. Significa non serve para nada, nin para fregar.
  • Hoxe parece que ten un foguete no cu. Significa que leva moita présa.
  • Fixo coma quen oe chover e foise. Significa non fixo caso, fixo como que non oía.
2.- Vocabulario. Substitúe o verbo facer por outro verbo máis preciso:
  • O trompetista  produciu un son moi agudo. 
  • No traballo do meu pai fabrican bicicletas en cadea. 
  • O petróleo orixínase a partir de vexetais fósiles. 
  • Resolveu un problema de matemáticas. 
  • Formade grupos de catro para realizar a actividade.



E estas son as propostas para hoxe:


Matemáticas:


Página 121: Lee la parte de arriba.

Ejercicios 21 y 22

Lingua:


Imos ler a lectura do tema 12. Se alguén ten o libro do 3º trimestre na casa, pode utilizar o libro.

Le a lectura 2 veces: a primeira vez en voz baixa e a segunda en voz alta, coa entonación axeitada e fixándote nos signos de puntuación para facer as pausas.


Copia as 3 palabras do Vocabulario.

ANTES DE LER
  • Le o título. Onde cres que pode estar ambientada esta historia?
  • Cal cres que pode ser a ensinanza deste conto?
Contan que había no Cairo un drogueiro chamado Abu-Cassem El-Tamburi, que era coñecido pola súa avaricia.
E aínda que Alá lle ofrecía prosperidade nos seus negocios, vivía e vestía como o máis pobre dos mendigos.
Durante vinte anos os zapateiros máis hábiles do Cairo arranxaron as súas babuchas. E, como consecuencia diso, as babuchas pesaban tanto que se fixeron proverbiais en todo Exipto.
Un día Abu-Cassem fixo un negocio de compra e venda máis vantaxoso que de costume. No canto de dar unha festa, como é habitual entre os mercadores, pareceulle máis conveniente tomar un baño no hammam. Cando chegou alí, deixou as súas babuchas á súa beira.
Ao saír do hammam Abu-Cassem buscou as súas babuchas pero xa non estaban alí e, no lugar onde estaban as babuchas había dúas pantuflas de coiro amarelo. E Abu-Cassem pensou: "Sen dúbida Alá envíamas porque sabe desde hai tempo que penso en mercar unhas semellantes".1
Pero as pantuflas de coiro amarelo pertencían ao cadi, que aínda estaba no hammam. E en referencia ás babuchas de Abu-Cassem, ao ver o home encargado de custodiar o calzado canto cheiraban á entrada do hammam, agochounas nun canto.
Os serventes do hammam buscaron sen resultado as pantuflas do cadi pero o que atoparon foron as fabulosas babuchas, que recoñeceron deseguida como as de Abu-Cassem. Os serventes perseguiron a Abu-Cassem e cando o atraparon, levárono ante o cadi, que o mandou ao cárcere.
Para non morrer no cárcere, Abu-Cassem tivo que ser xeneroso coas propinas aos gardas.
Abu-Cassem saíu do cárcere e, atribuíndo a mala sorte ás súas babuchas, correu a tiralas ao Nilo.
Algúns días despois, mentres uns pescadores retiraban a súa rede do río atoparon as babuchas; con tan mala fortuna que os adobíos das babuchas romperon as mallas da rede. Foron buscar a Abu-Cassem á súa tenda e lanzáronlle as babuchas con tanta violencia que romperon en mil anacos os recipientes de auga de rosa e outras augas.
Ao ver aquilo, Abu-Cassem xurou desfacerse das babuchas custase o que custase, e tirounas nun canal situado no campo. Pero a auga do canal levounas ata a entrada dun muíño; alí quedaron atrapadas nas rodas e alteraron a marcha do muíño.
Cando os donos daquel muíño acudiron para ver o que pasaba, déronse de conta de que o problema era a causa das enormes babuchas de Abu-Cassem. E o drogueiro volveu ao cárcere e foi condenado a pagar unha indemnización aos propietarios do muíño.
Ao volveren a súa casa, o can dos veciños viu as babuchas e púxose a xogar con unha. O can lanzou a babucha á rúa e o destino fixo que caese na cabeza dunha velliña. Os seus familiares recoñeceron a babucha de Abu-Cassem e o desgraciado tivo que pagar unha multa.
Foi entón cando Abu-Cassem colleu as babuchas e, volvendo a casa do cadi, exclamou: "Rogo que redactes un decreto que declare que Abu-Cassem xa non é propietario das babuchas!".
E despois de falar así, Abu-Cassem fuxiu daquel lugar, mentres as persoas que estaban alí rían a cachón.2
Anónimo: As mil e unha noites (adaptación).

MENTRES LES
  • Que cres que pasará?
  • Por que cres que as persoas rían a cachón?
VOCABULARIO
proverbial: que o sabe ou o coñece moita xente.
cadi: xuíz nos países musulmáns.
decreto: decisión dun gobernante, autoridade, tribunal ou xuíz nunha materia.

Lengua:


Lee y aprende las normas para el uso de la z y la d al final de las palabras: 


Ortografía

Fíjate en las palabras subrayadas del siguiente texto:
En una lejana ciudad, el soldado que ha sido capaz de resolver el misterio de los zapatos rotos de las princesas dice:
"Bailad y disfrutad felices bajo la luz azul de la noche, mañana se revelará el secreto. Contaré la verdad y conseguiré el corazón de una de las hijas del rey".
Aprende cuándo se usa d y z:
  • Se escriben con -d final las palabras que forman el plural en -desciudad - ciudades, verdad - verdades.
  • Se escriben con -d final todas las formas de la segunda persona del plural del imperativobailad, disfrutad.
    Debes saber que usar el infinitivo para dar órdenes en lugar de la 2.ª persona del plural del imperativo (vosotros) es un vulgarismo.
  • Se escriben con z todas las palabras que tienen este sonido ante -a-o y -uzapatos, azul, corazón.
  • Se escriben con -z final las palabras que forman el plural en -cesfeliz - felices, capaz - capaces.
Copia en tu cuaderno estas palabras y escribe al lado el plural:
  • altitud 
  • amistad
  • barniz
  • precoz
  • capaz
  • pared
  • virtud
  • huésped
  • lápiz
  • feroz
  • usted
  • laúd
Copia estas frases y completa las siguientes palabras con d o z:

  • Busca los huevos de codorni y saca una fotografía.
  • Espera su regreso de la ciuda y recibiréis unos uecos nuevos.
  • Prepara y reboa los filetes de merlua.
  • La dulura de los solloos de la actri llegaban al coraón.
  • Subi a la carroa y coloca bien el tapi de su majesta.

 

¡Ata mañá!



1 comentario: