Como xa dixemos a comenzos da semana, mañá xoves é o día da Ascensión (festivo no concello de Santiago) e o venres é o día non lectivo elexido polo colexio. Polo tanto, ata o luns non imos poñer máis deberes.
Recordade participar nos Comentarios. É a forma que nós temos de comprobar que estades traballando e facendo as tarefas que vos pedimos. Hai nenos-as que todos os días que pedimos comentarios escriben algo e hai outras persoas que, aínda que sabemos que traballan, case nunca escriben. Así que, ¡ánimo!
Estas son as solucións de Matemáticas de onte:
Página 125
Ejercicio 11:
2 hm = 200 m La pista mide 200 m
Los patinadores das 75 vueltas.
200 x 75 = 15.000 m
Los patinadores recorren 15.000 m = 15 km
Ejercicio 12:
El escarabajo mide 4 cm
Medio metro = 50 cm
50 : 4 = 12,5
Para alcanzar medio metro de longitud hacen falta 13 escarabajos.
Ejercicio 13:
16 vías de 20 cm cada una = 16 x 20 = 320 cm
El tren da 35 vueltas. Por lo tanto 320 x 35 = 11.200 cm
11.200 cm = 112 m
El tren recorre 112 m
E agora, as propostas de traballo para hoxe:
Matemáticas:
Página 125: Ejercicios 16, 17, 18, 19 (¡ojo, estos problemas pueden tener trampa!; podéis pedir ayuda a alguien de la familia)
Naturais:
Páxina 81: Exercicio 8
Lengua:
Recuerda la lectura México, un lindo país y responde a las siguientes preguntas (puedes volver a leer la lectura):
- ¿En qué continente se encuentra México? ¿Con qué países limita?
- ¿Cómo es el paisaje de México?
- ¿Cómo se llama el volcán que se encuentra cerca de Ciudad de México? ¿Qué significa su nombre?
- ¿Cuántas horas se tarda en llegar en avión a México desde España?
- ¿Qué es un quetzal?
- ¿Cómo se llama la moneda de México?
- ¿Recuerdas qué significa mistontli en lengua náhuatl?
- ¿Cómo se llama el plato típico de México? ¿Cómo está elaborado?
- Lingua:
- Le esta lectura un par de veces: a primeira vez en voz baixa, intentando entender o que les; a segunda vez en voz alta, coa entonación e as pausas necesarias; podes facelo con outra persoa para representar os personaxes. Na libreta escribe Tema 13 e copia as palabras do Vocabulario.
- Narrador: Había unha vez unha familia de leñadores moi pobre, que vivía xunto a un bosque. Tiñan un fillo, Hansel, e unha filla, Gretel.Nai (Na cociña da súa casa.): Non nos queda nada que comer. Nin sequera podemos alimentar os nosos fillos.Pai: Mañá levareinos comigo ao bosque cortar leña e deixareinos alí para que busquen eles a súa comida.Narrador: Á mañá seguinte, o pai espertounos, deulles un anaco de pan e levounos ao bosque.Pai: Nenos, temos que ir ao bosque cortar leña.Hansel: Teño unha idea. Deixarei caer un rastro de farangullas de pan mentres camiñamos. Así poderemos seguilo e volver á casa.Narrador: Cando estiveron lonxe da casa, o pai falou con eles.Pai: Nenos, quedade aquí mentres eu vou recoller leña para vendela no mercado. (Escurece e óense sons no bosque.)Narrador: Hansel e Gretel agardaron e agardaron moito tempo, pero o seu pai non volveu. Hansel díxolle a Gretel.Hansel: Cando saia a lúa poderemos ver as farangullas de pan.Narrador: Pobriños! Os paxaros comeron as farangullas de pan.Hansel: Papá desapareceu… e tamén o rastro das farangullas!Narrador: A noite era máis escura ca nunca. Os nenos camiñaron a través do tenebroso bosque ata que, ao lonxe, viron unha luciña que os levou ata unha casa moi estraña.Hansel (Ante a casiña.): Pararemos aquí e comeremos ata fartar.Gretel: Os ladrillos parecen estar feitos de chocolate.Hansel: Creo que a cheminea é un biscoito!Narrador: Hansel e Gretel, moi ledos, puxéronse a comer as lambetadas que tiñan ao seu alcance. De súpeto, abriuse a porta da casiña e saíu unha anciá de aspecto estraño.Meiga: Arre demo! Que pasa? Quen está comendo a miña casa?Hansel: Non sabiamos que houbese alguén dentro. Síntoo moito!Meiga: Non importa, raparigo. Por que estades os dous aí fóra na escuridade? Entrade. Podedes pasar a noite aquí.Narrador: Á mañá seguinte, a anciá, que en realidade era unha meiga, sacudiu bruscamente a Hansel.Meiga: Esperta, neno! Son o teu pesadelo! Veña, entra na gaiola!Hansel: Gretel! Socorro, socorro! Axúdame!Gretel: Que lle fixo ao meu irmán?Meiga: Pecheino nunha gaiola e só eu teño a chave. Ha, ha, ha! Agora ti farás todos os labores da casa. Podes comezar por prepararlle o almorzo ao teu irmanciño. Quero que engorde! E ti só has comer as sobras!Narrador: Gretel advertiu que a meiga case non podía ver sen as súas lentes. Agachoullas e contoulle a Hansel o seu proxecto secreto. Cada día a meiga ía comprobar como estaba Hansel…Meiga: Quérote gordecho coma un bacoriño para te poder comer! Achega o dedo para que vexa o gordo que te estás a poñer.1Hansel (Rosmando): Ensinareille, outra vez, este osiño de polo, como me dixo Gretel. Sen as lentes, non pode ver que non é o meu dedo.Meiga: Aínda estás moi fraco para que te poida comer. Gretel, fai pan para o teu irmán. Vai ver se o forno está quente abondo.Gretel: Non sei o quente que debe estar o forno.Meiga: Debes abrir a porta do forno e meter a cabeza dentro…Narrador: Nese intre, Gretel empurrou a meiga dentro do forno e pechou a porta. Gretel correu para onde estaba Hansel.Gretel: Hansel, estamos salvados!Narrador: Gretel abriu a porta da gaiola e os irmáns bicáronse. Antes de marchar, os nenos encheron os seus petos de xoias.Adaptación do conto dos irmáns Grimm.
MENTRES LES
- Como cres que acabará o conto?
VOCABULARIO
rastro: pegada que deixa algo ou alguén cando pasa por un lugar.tenebroso: que é moi escuro e misterioso.
Péndulos
Ilusiones ópticas (son retos que tendes que intentar resolver en menos de 7 segundos)
Circuitos de dominó
¡Boa fin de semana!
Bos días: repito, corrixido, o comentario de Clara de fai dous días (o autocorretor dá moita guerra).Ola son Clara: a min, en galego, gústame escoitar palabras coma :chuchamel, miniñada, laverca, sobreira, cañoto, choupa, chota, escunchar e debullar.Saúdos para todos.
ResponderEliminar