Ola de novo, moi bos días:
Esta publicación non é para poñer deberes, agora toca descansar algo.
Hoxe queremos mandar unha mensaxe ás familias.
Como supoño que xa vistes nos correos electrónicos e na páxina web do colexio, mañá martes 23, é o día establecido para que as familias pasedes polo colexio entregar os libros de préstamo que teñades na casa, recoller o material dos nenos/as que quedou no colexio e tamén os boletíns de notas. (Por certo na aula de 4º A hai unhas gafas de disfraz moi grandes e un gorro de arlequín; os seus donos/as avisade ás vosas familias para que nolos pidan cando veñan recoller o resto do material).
Se algunha familia das que xa recolleu os libros porque eran seus (mercados polas familias) e os quere deixar no colexio para que formen parte do fondo de libros e se poidan prestar a outros compañeiros/as o próximo curso, pode levalos mañá.
Un saúdo e bo verán!
Ningún comentario:
Publicar un comentario