venres, 24 de abril de 2020

Venres, 24 de abril


¡Moi bos días!

¿Que tal? ¿Seguides traballando con ganas? Ánimo, que o día é longo e seguro que vos dá tempo de traballar un pouquiño e de facer outras actividades.

Hoxe imos pedirvos dúas cousas, ademais dos traballos:

1º: Se aínda non o fixestes, entrade na actividade do Día do Libro (na páxina inicial do Colexio) e escoitade algún conto. Despois, no apartado de Comentarios, escribide unha mensaxe, na que digades o voso nome, o curso, o título do conto que escoitastes e quen o contaba.

2º: Acordádevos de entrar nas páxinas de Inglés, Relixión (os que ides a Relixión), Música e Educación Física. Aí tamén pode haber actividades.

Imos alá coas propostas de traballo:

Ciencias Naturais:


Páxina 70: Le a páxina detidamente, un par de veces. Copia os dous debuxos dos ollos que aprecen na páxina e pon o nome de cada parte.

Neste enlace podes ver un vídeo sobre o sentido da vista:
https://www.youtube.com/watch?v=wiuMLsbLdPI

Este é sobre os efectos ópticos:
https://www.youtube.com/watch?v=JQk3UYPT9BI

Lengua:

Página 116: Ejercicio 3. Copia el Dictado con buen letra y sin faltas.

Lingua:

Antes de nada, estas son as respostas ao exercicio 12 da páxina121, para que comprobedes se as tiñades ben:


- Natural ou habitante de Sri Lanka: srilankés
- Arrincar unha planta ou unha árbore de raíz: desenraizar
- Antónimo de diversión: aburrimento
- Quinto día da semana: venres
- Marido da filla, en relación cos pais dela: xenro
- Sinónimo do verbo gritar: berrar
- Pór unha reixa nun sitio: enreixar
- Folla do piñeiro: pilro (esta era moi difícil; hai moitas outras palabras en galego para chamarlle á folla do piñeiro; tamén valería arume)
- Estender o que está envolto en forma de rolo: desenrolar
- Sacar un obxecto introducido nalgún sitio mediante rosca: desenroscar

Páxina 131: Exercicio 5


Páxina 133. Como onte foi o Día do Libro, imos facer unha actividade que ten relación con libros.
Fíxate no Exercicio 4. Elixe un libro que teñas ti na casa e fai unha ficha como a que aparece no cadro amarelo.

Matemáticas:

Página 117: Ejercicios 4, 5 y 6 (intentad hacerlos; el lunes ponemos las respuestas, pero son fáciles)

Plástica: 


Este ano cúmprense 100 anos do nacemento de Gianni Rodari, un autor italiano que escribiu varios libros para nenos: Cuentos para jugar (teñen 3 finais cada un), Cuentos por teléfono (algúns aparecen nas gravacións das que falamos ao principio...


A proposta de Plástica é que deseñedes a portada dun deses libros. Debe ocupar todo o folio. Debuxa as letras ben bonitas, pon o nome do autor con letras máis pequeniñas e despois fai un debuxo bonito que teña relación co título e que sexa atractivo para que a xente queira ler o libro.

¡Boa fin de semana!



8 comentarios:

  1. Hola son Roque de 4°B e escoitei un libro chamado "O país sen punta" e o contaba a profe Patricia. Un saúdo a todos e todas

    ResponderEliminar
  2. Ola son Sabela de 4°B e escoitei o conto "O país sen punta" e líao a profesora Patricia.
    Un saúdo 😘😘😘

    ResponderEliminar
  3. Hola son Brais de 4A escoitei un libro que se chamaba "A estrada de chocolate" eo contaba a profe Asun.Apertas pa todos🤗🤗🤗

    ResponderEliminar
  4. Hola son Anxo de 4B escoitei un contó chamado "O palacio xeado" e o contou Eva.Bicos pa todos😘😘😘

    ResponderEliminar
  5. Hola, soy Roi Sanchez 4B, escuché el libro titulado "O PALACIO XEADO" contado por la profe Eva.
    Saludos.

    ResponderEliminar
  6. Hola soy Ari y escuché "homes de manteiga" que lo leyó Chus Blanco.

    ResponderEliminar
  7. Hola soy África y escuche el cazador desventurado.
    Un saludo

    ResponderEliminar