Na publicación do sábado pediamosvos que deixásedes un comentario para que as profes teñamos a seguridade de que todos-as estades vendo e facendo as actividades (xa sabedes, cada quen ao seu ritmo). Queremos saber se tedes ou non dificultades, tanto para acceder ao blog como para facer as actividades. Como a publicación era do sábado, moitos-as nos a vistes e contestou moi pouquiña xente.
Por iso, hoxe facemos a mesma petición para que contesten as persoas que aínda non o fixeron. Recordade que os comentarios que poñedes non os ides poder ver ao momento, pero se vedes que ao día seguinte non aparecen, podedes mandalos ao correo electrónico que indicamos na publicación do sábado.
Se mirades a publicación do sábado, xa vedes o que pedimos. Os-As que non contestastes, facédeo, por favor.
Estas son as respostas dos deberes de Matemáticas do venres:
Página 117:
4.-
7 m = 700 cm 500 cm = 5.000 mm
5 m = 50 dm 3.000 dm = 300 m
3 dm = 30 cm 600 cm = 60 dm
2 m = 2.000 mm 4.000 mm = 4 m
4 dm = 40 cm 70 mm = 7 cm
5.-
1 m 5 cm= 105 cm
3 dm 6 cm = 36 cm
2 dm 7 mm = 207 mm
2 m 10 cm = 210 cm
4 cm 5 mm =45 mm
2 m 3 mm = 2.003 mm
3 dm 4 m = 34 cm
6.- (Las medidas pueden variar en 1-2 mm)
Goma: 2 cm 6 mm
Pinza: 3 cm 7 mm
Clavo pequeño: 1 cm 3 mm
Clavo grande: 4 cm 5 mm
Pinza del pelo: 3 cm 1 mm
Gominola: 1 cm 8 mm
Punta de acero: 6 cm 7 mm
¿Resultáronvos fáciles?
E agora, aquí van as propostas de traballos para hoxe:
Matemáticas:
Página 118: Lee la parte de arriba de la página y copia el cuadro amarillo.
Ejercicios 7 y 8
Lingua:
Páxina 126: Exercicio 2. Copia o Ditado con boa letra e sen faltas.
Lengua:
Página 117: Ejercicios 1 y 2 (mañana pondremos las soluciones)
Ciencias Naturais:
Páxina 71: Le a páxina detidamente un par de veces. Copia o debuxo do oído e pon os nomes das súas partes.
Neste enlace podes ver un vídeo sobre o sentido do oído:
https://www.youtube.com/watch?v=HRkX10QRzYc
E de agasallo, tendo en conta que o día 23 de abril foi o Día do Libro, deixámosvos aquí enlaces a dous libros que vos poden gustar e que están recomendados para nenos e nenas de 9-10 anos:
- Boa sorte, de María Solar, Arturo Iglesias e Xosé Tomás (ilustracións). DESCARGA.
Boa sorte tiña moi mala sorte. O primeiro que fixo foi nacer e xa non lle saíu ben, pois naceu de cu. Ciencia e aventura nunha única obra con divertidos experimentos. - Moko, Cristina Sáez Cazallas e Fernando Juárez (ilustracións). DESCARGA.
Moko chegou ao noso planeta en 1998 para alertar os habitantes da Terra dos perigos da destrución da capa de ozono e vivir unha aventura inesquecible.
¡Moito ánimo!
Bos días, son Lara Marcote,deseando volver cando se poida claro. Na casa levo moi Ben os deberes, despois de facer todas as tarefas, xogo, bailo, cociño e moitas cousas mais...ata pronto un abrazo ����
ResponderEliminarHola son Bruno de 4ª en casa levo moi ben as tarefas. Como teño unha finca moi grande non me aburro nada. Unha aperta
ResponderEliminarOla son Mario Pita. Todos os días facemos o traballo e logo xogo co meu can o cos meus pais. Teño ganas de ir ao cole e ver a os meus amigos. Unha aperta a todos!
ResponderEliminarBos días a tod@s! Son Luca de 4ºB.Espero que todos esteades ben. O dos deberes levo ben. Procuro facelos pola mañá e así teño o resto do día libre para facer un montón de cousas. Estoume aficionando a andar en bicicleta estática e a facer punto de cruz. Tamén leo moito, cociño, e xogo cos meus irmáns a unha morea de cousas. Unha forte aperta!!!
ResponderEliminarHola son Brais de 4A quería volver a vervos a todos .Os deberes son bastante fáciles e non teño dificultades para acceder ao blog . Fago os deberes con moitas ganas . Bicos e apertas para todos 😘 😘😘
ResponderEliminarHola son Anxo de 4B, eu fago os deberes todos os dias.Non teño dificultades para acceder ao blog.Estos días paso moi ben cos meus país axudando coas tarefas da casa e da horta,xogo a xogos de mesa...Bicos e apertas para todos😘😘😘🤗🤗🤗
ResponderEliminar