sábado, 25 de abril de 2020

Saúdo Fin de semana


¡Ola! ¡Bos días! ¿Que tal levastes a semana? ¿Estades ben vós e a vosa familia? Confiamos en que si.

Moito ánimo, que a partir do domingo ides poder saír algo da casa.
Imos saír desta situación pouquiño a pouco, pero mentres tanto, toca ter paciencia.

Gustaríanos saber quen está accedendo ao blog e facendo as tarefas, tamén as de Inglés Relixión... Tamén que nos digades se vos parecen moitas, poucas, se vos resultan fáciles ou difíciles...ou calquera cousa que nos queirades comentar. É certo que xa preguntamos isto máis veces, pero hai persoas que nos contestan sempre e outras que non o fan nunca ou case nunca. Nós non sabemos se simplemente fan as tarefas e non comentan nada ou, pola razón que sexa, non as poden facer. Por iso vos pedimos, unha vez máis, que nos saudedes nos Comentarios (agora creo que xa lle permite comentar a todo o mundo). 

Algo así: "Ola, son Xoán, de 4º B. Na casa estamoos todos ben. Eu fago sempre as tarefas. O que máis me gusta do que poñedes son os vídeos. Saúdos".

Se non vos permite facer comentarios, intentade mandarnos un correo electrónico á conta que creamos para isto:

cuartoderoxos@gmail.com

Imos perdirvos isto con relativa frecuencia porque necesitamos e queremos ter noticias vosas.

¡Apertas!

8 comentarios:

  1. Hola soy Ariadna y en casa estamos todos bien. Aveces me aburro pero tengo bastantes cosas q hacer como jugar con Micah mi gata, jugar en el jardín...Aunque quiero salir de casa.

    ResponderEliminar
  2. Ola, son Sabela de 4°B e estamos todos ben, as tarefas fagoas sen dificultades.O que mais me gusta é cando mandades facer algún debuxo en naturales.
    Un saúdo a todos e todas 😘😘😘

    ResponderEliminar
  3. Ola son Clara,de 4A, escoitei o contó "Os Jones de mantenga", lido por Chus Blanco. A min as tarefas resultanme fáciles.Na casa estamos todos ben. As tarefas que máis me gustan son as de Lengua, Lingual e Inglés. Saúdos a todos.

    ResponderEliminar
  4. Hola son David Tojo de 4°B. En casa estamos todos Ben, por suerte. Si, accedo todos os días a pax. do cole e fago as tareas que mandades. Fagoas durante a mañan e pola tarde dedicome a xogar no xardin cos meus país e o meu can Rayo. Un saudo a todos.

    ResponderEliminar
  5. Hola,soy Iago Boga de 4b,en casa estamos todos muy bien, espero que vosotros también. Hago los deberes cada mañana y leo un poquito por las tardes. Un saludo a todos y ánimo que ya queda menos!

    ResponderEliminar
  6. Hola,soy Roi de 4B.
    En mi familia estamos todos bien, hago las tareas a diario por las mañanas y por la tarde paso el tiempo jugando, haciendo deporte.. Saludos.

    ResponderEliminar
  7. Hola soy Pilar.Hago todas las tareas. Hoy no pude entrar en lo nuevo de inglés. Espero que esteis todos muy bien. Un saludo.

    ResponderEliminar
  8. Hola soy Anxo de 4°A yo a veces también me aburro, pero salgo a jugar con mis padres. Hago las tareas todas las mañanas. Os echo mucho de menos a todos.

    ResponderEliminar