sábado, 21 de marzo de 2020

LENGUA, LINGUA



Recomendamos ler todos os días. Podedes alternar: un día en galego e outro en castelán.
Debedes ler en voz baixa e tamén en voz alta, facendo as pausas e aplicando a entoación axeitada.
Buscade lecturas agradables, atractivas e variadas. Seguro que na casa tedes libros esperándovos.

Para practicar a escritura, recomendamos facer copias sin ningún tipo de faltas: de ortografía, de puntuación, maiúsculas, acentos... Tamén é recomendable que alguén vos dite pequenos textos. 

Recomendamos que escribades todos os días textos dunhas 10 liñas: contos, descripcións, cartas, receitas de cociña, instrucións para un xogo, resumos dos libros que les ou dunha película que viches na tele, un diario destes días...

Neste enlace aparecen moitos recursos en galego para traballar e entretervos.


http://aulasgalegas.org/category/primaria-4ocurso/

Aquí aparece un texto que podes copiar na libreta ou nun folio, completándoo coas palabras de abaixo:

https://www.aulapt.org/wp-content/uploads/2016/10/lasranas.gif


No seguinte enlace hai textos de diferente extensión e dificultade para practicar a comprensión lectora. Non é preciso que imprimas as fichas. Le os textos e escribe as respostas na libreta ou non folio (Indica o título da lectura)


http://www.rinconmaestro.es/lengua/comprension/4EP.html







Ningún comentario:

Publicar un comentario