luns, 30 de marzo de 2020

Tarefas para estes días


Bos días a todos e a todos.
Confiamos en que todos esteades ben, así como as vosas familias.

Como a maioría de vós tendes na casa os libros do 2º trimestre, para estes días imos propoñer unhas actvidades (lectura, comprensión lectora e copia) de Lengua e Lingua dos libros de texto.

Recordade que podedes facelas ao voso ritmo, pero recomendamos que traballedes algo todos os días  que debería haber clase.

Propoñemos as seguintes tarefas:


  • Lingua: Lectura das páxinas 92-93 (2 veces). 
    • Copia e aprende as palabras do vocabulario.
    • Exercicio 1 d páx. 94. 
    • Copia as poesías do exercicio 3 e fai un debuxo.
    • Páxina 101: actividades 1 e 2

  • Lengua: Lectura de las páginas 104-105(2 veces) 
    • Copia el vocabulario y aprende el significado de las palabras.  
    • Ejercicio 1 de la página 106. 
    • Copia, sin faltas, la poesía de la página 113 y haz un dibujo (recuerda que al copiar versos, se cambia de línea al acabar un verso, como en el libro). 
    • En la página 115, puedes hacer las 2 primeras actividades, son divertidas.

  • Matemáticas: En Matemáticas propoñemos 2 actividades. A carilla de problemas podedes resolvela na libreta (ou nun folio, se non tedes a libreta). Son enunciados curtiños, así que podedes copialos. 

domingo, 29 de marzo de 2020

Notas e interacción co blog


Ola nenos, nenas e familias:

Esperamos que tanto vós como as vosas familias esteades ben de saúde. Iso é máis importante nestes momentos.

Seguramente escoitaredes nos medios de comunicación noticias relacionadas co desenvolvemento anómalo deste curso. A estas alturas creo que ninguén se atreve a dicir cando poderemos volver ás aulas; esperamos que sexa axiña.

Nestes momentos, a instrución que temos o profesorado é que poñamos as notas correspondentes á segunda avaliación, tendo en conta o traballo realizado ata o día en que se suspenderon as clases. Polo tanto, como xa comentaramos anteriormente, o traballo que se vos propuxo para estes días non é avaliable. As familias van poder ver as notas a finais da semana na aplicación Abalar, que poden descargar nos teléfonos móbiles.

Ao profesorado gustaríanos saber quen está accedendo ao blog e de que maneira o facedes (ordenador, tablet, móbil...). Isto resultarianos útil para intentar facerlle chegar as actividades propostas por outros medios ao alumnado que non accede a Internet. Por esta razón, pedímosvos que vos fixedes na parte inferior desta entrada do blog. Aí aparece un apartado que pon "Ningún comentario" ou "Comentarios". Simplemente, pedímosvos que pinchedes aí e escribades algo así como: "Son Xoán, de 4º A, conéctome ao blog coa tablet (ou como sexa)". Por suposto, da mesma maneira podedes comentar dúbidas sobre as actividades ou se vos gustaría que vos propuxésemos algún tipo de actividade concreta.

Moito ánimo e unha aperta.



luns, 23 de marzo de 2020

PT

Ola a todos, nenas e nenos do CEIP de Roxos:
 Son Nini, a profesora de PT. Espero que vos atopedes moi ben. Non quero que perdades o moito que  aprendestes este curso, así que vos invito a seguir practicando coa axuda destas actividades.

Por favor, intentádeo vós sos, sen axuda dos maiores, que teñen moitas outras cousas que facer. Ánimo!!!






MATEMÁTICAS

Recomendo moito o método online Smartick, para traballar as matemáticas 15 minutos diarios.

Nestes momentos, polas circunstancias excepcionais é gratuita. Precisades axuda dun adulto para crear a conta. Despois o traballo é totalmente autónomo.

https://www.smartick.es/


Practicade as táboas de multiplicar xogando. É moi divertido!

https://www.tablasdemultiplicar.com/contrarreloj/

Se tiveches fallos terás que empezar por este outro xogo. Aquí elixes a táboa que queres aprender e primeiro a contestas en orde, logo arrastrando as respostas e finalmente, desordeadas.

https://www.tablasdemultiplicar.com/

Si xa as sabes, adiante coas divisións dunha cifra. Que fácil!

https://www.tablasdemultiplicar.com/spuq-divisiones.html

Imos facer problemas. Son moi sinxelos, xa veredes. Podedes escoller: Problemas aritméticos, xeométricos, de razoamento lóxico, de búsqueda e tanteo...

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1328606275/contido/problematic/menuppal.html


Aquí tendes unha ficha para comprobar o atentos que estades. Haberá que imprimila e seguir as instruccións. Concentrádevos!

https://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2013/05/101.jpeg

LENGUA CASTELLANA

Aquí te dejo una serie de juegos muy entretenidos.
Si no quieres registrarte, puedes jugar como invitado.

Ginés le hace unas preguntas a Luca y tú deberás ayudarle a encontrar la respuesta correcta.   ¿Estás preparado?

Busca la palabra aguda.
Busca la palabra llana.
Busca la palabra esdrújula.


En esta página encontrarás muchas adivinanzas de temas variados. Con ellas pones tu mente a pensar y aumentas tu vocabulario. Apréndete una de memoria para recitársela a tus compañeros. Te animas?


Juego de ortografía  POPI

En este juego tienes muchas actividades y un parchís.
En la parte de debajo de la página aparece un libro, unos zapatos de bruja, la escoba y la pota de los brebajes. En el libro puedes repasar muchas reglas de ortografía. En los zapatos de bruja hay seis juegos para cada regla, donde puedes practicar la escritura correcta de las palabras. En la escoba te explican cómo jugar al parchís interactivo. Y en olla está el juego del parchís. Para avanzar, tienes que saber escribir correctamente las palabras que te pregunten. Seguro que lo consigues!


Juego para practicar palabras con b/v
El perro Sabueso te reta a una carrera. ¿Qué tal vas en ortografía? ¿Y en reflejos? Tienes tres niveles con las mismas palabras; lo que varía es la velocidad. Ánimo!




domingo, 22 de marzo de 2020

sábado, 21 de marzo de 2020

MATEMÁTICAS


En Matemáticas, asegurádevos de que sabedes perfectamente as tablas de multiplicar. Pedídelle a alguén da casa que vos poña contas de sumar, restar levando, multiplicar por varias cifras, dividir por 1 e 2 cifras. Recordade que estabamos traballando coas fraccións. Podedes acabar os exercicios e problemas dese tema.

Nesta páxina web tedes moitas actividades para repasar.


https://es.ixl.com/math/4-primaria

LENGUA, LINGUA



Recomendamos ler todos os días. Podedes alternar: un día en galego e outro en castelán.
Debedes ler en voz baixa e tamén en voz alta, facendo as pausas e aplicando a entoación axeitada.
Buscade lecturas agradables, atractivas e variadas. Seguro que na casa tedes libros esperándovos.

Para practicar a escritura, recomendamos facer copias sin ningún tipo de faltas: de ortografía, de puntuación, maiúsculas, acentos... Tamén é recomendable que alguén vos dite pequenos textos. 

Recomendamos que escribades todos os días textos dunhas 10 liñas: contos, descripcións, cartas, receitas de cociña, instrucións para un xogo, resumos dos libros que les ou dunha película que viches na tele, un diario destes días...

Neste enlace aparecen moitos recursos en galego para traballar e entretervos.


http://aulasgalegas.org/category/primaria-4ocurso/

Aquí aparece un texto que podes copiar na libreta ou nun folio, completándoo coas palabras de abaixo:

https://www.aulapt.org/wp-content/uploads/2016/10/lasranas.gif


No seguinte enlace hai textos de diferente extensión e dificultade para practicar a comprensión lectora. Non é preciso que imprimas as fichas. Le os textos e escribe as respostas na libreta ou non folio (Indica o título da lectura)


http://www.rinconmaestro.es/lengua/comprension/4EP.html







SOCIAIS


Unha das actividades que se lle propón ao alumnado de 4º nivel é a realización dun pequeno traballo de investigación sobre a Prehistoria. Pódese usar unicamente o libro de texto de Ciencias Sociais que utilizamos na clase para facer este traballo ou pódese buscar información e imaxes noutros libros, enciclopedias, Internet...

O traballo debe constar das seguintes partes:

- Portada (título, imaxe, nome e apelidos do autor/a)
- Introdución: Definición de Prehistoria, época que comprende...)
- Paleolítico: Definición, época, formas de vida, arte
- Neolítico: Definición, época, formas de vida, arte
- Idade dos Metais: Definición, época, formas de vida, arte

VÍDEOS SOBRE A PREHISTORIA

  PREHISTORIA

PALEOLÍTICO https://www.youtube.com/watch?v=HGoK_cWIMH4&t=43s

NEOLÍTICO https://www.youtube.com/watch?v=LBi2KLq8Fgs&t=22s

IDADE DOS METAIS https://www.youtube.com/watch?v=v6Uz3fq7KK4&t=25s